Paxina Principal da UPG
-
A UPG
A UMG
Terra e Tempo
 Cousas que importan
::
::
::
::
::
::
::
::
::
::

[ MEDIDAS DE TIPO SOCIAL ]

A democrácia galega estabelecerá as seguintes medidas:

1.- Direito ao traballo. O Estado garantirá a todos os cidadáns un posto de traballo retribuído mediante un salário digno e igual para homes ou mulleres.

2.- A xornada laboral estabelecerá se tendo en conta critérios de pleno emprego, saúde laboral e lecer e non exclusivamente en función de motivacións produtivistas.

3.- Rexime de seguridade no traballo, coas especialidades que sexan precisas, segundo os distintos sectores económicos e as suas características técnicas: Pesca, minaria, química, etc.

4.- Nacionalización da medicina no marco dunha seguridade xeral para todo o povo, efectivización de todas as prestacións sociais, sen as restricións e os lindes da explotación capitalista.

5.- Elaboración dun Plano de Vivendas Sociais que garanta a todos os cidadáns a posibilidade de acceso a unha vivenda digna, preferentemente en rexime de aluguer.