A instauración do rexime democrático baseado
na soberania nacional significa a organización e construción
dun novo país e exixe as seguintes medidas:
1.- Declaración de soberania nacional da Galiza en aplicación
do direito de Autodeterminación, con vista a poder asumir
a total responsabilidade nesta tarefa, dotando nos dos meios
que consideremos precisos para estar en condicións de
efectivizá la, sen submisións a ritmos ou problemas
alleos aos do noso povo, asi como para estabelecer relacións
"mesmo institucionais" en pé de igualdade con
outros países e negociar sobre a base das nosas necesidades
con calquer tipo de forzas.
2.- Disolucións das actuais estruturas administrativas
do Estado na Galiza, substituindo as por institucións
administrativas elaboradas democraticamente polo povo galego
no exercício da sua soberania.
3.- Construción das institucións democráticas
nacionais, eleición dunha Asemblea Nacional Lexislativa
única por sufráxio directo, universal, igual e
secreto de todos os galegos e galegas maiores de idade, que
ha elaborar a Constitución da Galiza.
4.- Recoñecimento de todas as liberdades democráticas
aos membros do povo galego: liberdade de palabra, prensa, manifestación,
reunión, asociación e folga. Inviolabilidade de
correspondéncia e domicílio.
5.- Construción da administración galega que,
en todo caso, se baseará no recoñecimento da personalidade
xurídica da parróquia rural e da comarca. En calquer
caso, a administración estatal galega responderá
aos princípios de democrácia, transparéncia
e eficácia na xestión.
6.- O rexime democrático garantirá a liberdade
de ideas e crenzas políticas e relixiosas do povo galego.
Asemade protexerá a liberdade de cultos. Estabelecerá
se firmemente a separación entre Estado e Igrexa. O património
artístico da Igrexa Católica deberá cumprir
uns fins sociais e o Estado garantirá a sua axeitada
conservación.
7.- O rexime democrático nacional elaborará unha
lexislación civil axeitada á realidade social
do país.
A lexislación penal e penitenciária deberá
basear se nos princípios científicos da prevención
do delito e defensa racial, tendendo á reinserción
social do delincuente e incorporando a institución do
Xurado como forma de participación dos cidadáns
na Administración de Xustiza.
Asi mesmo, o sistema xudicial garantirá a imediación,
oralidade e gratuidade, tendendo a facer das profesións
xurídicas unha función prestada polos poderes
públicos.
8.- Igualdade de direito para todo o povo sen discriminación
de sexo, situación económica, grau de instrución,
procedéncia ou pertenza étnica ou calquer outra
circunstáncia. Ainda que na Galiza as minorias étnicas
teñen escasa importáncia, na medida en que existen
(ciganos, «Moinantes», etc.) respetarán se
as suas particularidades.
9.- O papel das forzas armadas restrinxirá se ao de
garantir a Soberania Nacional. As forzas armadas serán
nacionalizadas dotando as dun marcado carácter de defensa
popular. Tendo como obxectivo o de traballar por unha sociedade
desmilitarizada, e de non hipotecar os logros na esfera económica
e de liberdades da revolución democrático nacional,
procederá se a unha redución racional dos efectivos
das forzas armadas.
Recoñecerá se o libre direito ao exercício
da Obxección de Consciéncia, que en nengun caso
poderá ter un caracter coercitivo.