:: |
|
:: |
:: |
|
:: |
:: |
|
:: |
:: |
|
:: |
:: |
|
:: |
[ MEDIDAS DE TIPO CULTURAL E EDUCATIVO ]
O galego será o idioma oficial do Estado democrático
galego. Consecuentemente, o ensino fará se en galego
en todos os níveis.
O ensino será nacionalizado e estatalizado axustando
se aos princípios de gratuidade, obrigatoriedade, até
os 18 anos, laicidade e coeducación de sexos.
O ensino estará adaptado á realidade do país,
tanto nas modalidades de organización como no contido
das matérias, tendo en conta o respeito aos princípios
xerais expostos.
O governo galego asegurará a participación
popular na planificación educativa. Prestará
se, dun xeito imediato, apoio especial ás clases populares
no campo cultural, através de campañas de alfabetización
e dinamización cultural.