|
Todos os 12 de agosto a Unión do Povo Galego (UPG)
conmemora o cabodano do asasinato do seu militante Xosé
Ramón Reboiras Noia, por disparos da policía
franquista no número 27 do portal situado na rúa
da Terra, en Ferrol. A tal efecto organizase a mediodia
unha concentración no cemitério da parroquia
de Imo, no Concello de Dodro, para depositar flores ao
pé da sua tumba e a media tarde unha concentración
política en Ferrol, xusto enfrente do portal onde
fora asasinado.
A UPG quer colaborar activamente en que non se dilua
a memória histórica de loita contra a ditadura
fascista. Consideramos que non debe pasar desapercibido
o traballo de moitos galegos e galegas que, mesmo a custa
de pór en perigo a sua vida, loitaron para acadar
unha sociedade democrática, demandando o recoñecimento
pleno de todos os direitos e liberdades tanto para as
persoas como para as nacións que forman parte do
Estado español, nomeadamente a nosa, Galiza, onde
o direito de autodeterminación se torna indispensábel.
Ofrecemosvos aquí as intervencións políticas
dos actos celebrados en Ferrol nos últimos anos
e que constituen a única ocasión onde a
UPG se proxecta publicamente, explicitando a nosa posición
política sobre o contexto que se vive nesa altura. |