|
En pé os escravos da terra,
en pé os que non teñen pan,
a nosa razón forte berra,
o triunfo chega en volcán.
Quebremos o xugo do pasado,
povo de servos, ergue xa!
O mundo vai ser transformado
e unha orde nova vai reinar.
Axuntemonos todos,
é a loita final.
O xénero humano
forma a internacional. (BIS)
Non hai salvadores supremos
nen rei, nen tribuno nen Deus.
Temos que salvarnos nós mesmos,
o povo traballador.
P´ra que nos devolvan o roubado
p´ra derrubar esta prisión,
batamos no lume sagrado,
ferreiros de un mundo mellor.
Axuntemonos todos,
é a loita final.
O xénero humano
forma a internacional. (BIS)
|