1980-1981

Terra e Tempo nº 77 (Xullo-Agosto de 1980) ao nº 84 (Xullo-Agosto 1981)

O Terra e Tempo adopta neste ano de vida un novo formato, coincidindo cun periodo onde o nacionalimo galego se ten que adaptar ao novo marco legal que se irá consolidando paseniñamente, coa interrupción a todos os niveis que supuxo o Golpe de Estado de febreiro de 1981 e as repercusións que o mesmo terá. O Terra e Tempo é agora de menor tamaño (algo máis grande que o formato folio) mais mantén unha aceptábel regularidade na súa edición. Alterna a súa edición a unha tinta, a dúas (o habitual) e mesmo a tres no último número desta etapa.