50 aniversario

Neste ano 2014 conmemoramos o 50 aniversario da UPG. Por tal motivo o Comité Central do Partido deseñou unha serie de actividades que teñen como obxectivo desenvolver a seguintes ideas:

- Valorizar o feito de pór en pé unha organización, con actividade social continuada durante 50 anos, ao servizo exclusivo da clase traballadora, da nosa Patria e da causa da liberación da Galiza, para o cal a auto-organización do povo galego foi, e é, unha peza insubstituíbel. O que nos leva, tamén, a defender a unidade do movemento nacionalista galego que se concreta nunha fronte patriótica.

- Pór en destaque que a UPG sempre mostrou confianza no povo galego, en nós mesmos, e capacidade para facer unha interpretación desde Galiza do que acontece no noso país e no mundo, sen dependencias nin subordinacións a ningunha óptica exterior..

- A permanente lealdade á Galiza e e coherencia á hora de defender a soberanía nacional como necesidade do País mais tamén como condición inescusábel para podermos construír unha sociedade socialista, que supere a dependencia e o capitalismo colonial.

Galería de fotos do acto de conmemoración do 50 aniversario

Powered by Cincopa WordPress plugin

Saúdos das organizacións internacionais recibidos no 50 aniversario