Galicia Emigrante

Galicia Emigrante nace en Marzo de 1974 como voceiro da Unión do Povo Galego destinado á emigración galega de Europa e América. Previamente, entre os anos 1971 e 1974, as seccións de París e Xenebra realizaban unha edición exterior casi literal do Terra e Tempo que se imprimía na Galiza. Os máis de unha ducia de números publicados neses 3 anos poucas diferencias tiñan -en contidos e estéticas- cos do interior, o que ten dado a non poucas confusións. Este Terra e Tempo do exterior imprimiase un ou dous meses despois de facelo na Galiza. No número correspondente a Xaneiro de 1974 xa se anuncia que en marzo vai saír a nova cabeceira: Galicia Emigrante.
Efectivamente, en Marzo de 1974 sae o primeiro número e en Agosto de 1976 o número 15, o último. A maiores tamén se publicará un número especial en Marzo de 1974. Esta publicación -de coidada edición- ten grande importancia pois permite seguir as actividades do nacionalismo galego nuns anos cruciais, dando conta das iniciativas da UPG (reproducindo contidos do Terra e Tempo e de panfletos do Partido) mais tamén outros documentos e loitas do movemento nacionalista no seu conxunto.