Comunicación a Izquierda Castellana no falecemento de Doris Benegas

Compañeir@s de Izquierda Castellana

Por medio desta comunicación queremos trasladarvos o sentimento de pesar da militancia da UPG polo falecemento da compañeira Doris Benegas.

A vida de Doris estivo presidida desde sempre polo compromiso coas clases populares, coa loita de liberación da muller, coa loita dos pobos e coa loita polo socialismo, e dese compromiso quedan froitos en persoas e organizacións que dela aprenderon, dado que Doris foi sempre unha persoa partidaria de construír.

Por motivos familiares, pero fundamentalmente pola súa coherente práctica internacionalista, estivo moi unida á causa do pobo galego pola súa liberdade, e nunca esqueceremos a súa solidariedade, a súa presenza en Galiza en imnumerábeis ocasións e a súa participación nas mobilizacións do Día da Patria Galega.

A mellor homenaxe que lle podemos facer a Doris Benegas é manternos firmes na loita seguindo o seu exemplo.

Galiza; 30 de xullo de 2016

Secretaría de Relacións Internacionais

Unión do Povo Galego