Tema Actividades

UPG rende tributo á camarada Elvira Patiño

O Comité Central da Unión do Povo Galego, na reunión que decorreu no sábado (10) gardou 1 minuto de silencio en sinal de dó polo falecemento da nosa militante, Elvira Patiño, e de recoñecemento a toda unha vida de militancia e compromiso en defensa dos dereitos da clase traballadora galega, das mulleres e da liberación [...]

Condenamos o golpe, solidarizámonos co povo brasileiro

A decisión adoptada hoxe polo Senado brasileiro de destituír a Dilma Rousseff é o acto final dun golpe de estado institucional que busca poñer fin á democracia no Brasil. Dilma Rousseff non deixa a presidencia do seu país por decisión do pobo;  son a reacción, a oligarquía e a dereita  quen moven os fíos deste [...]

A UPG reivindica o compromiso de Reboiras e aposta en superar o marco autonómico

O Partido realizou a homenaxe no 41 aniversario do seu asasinato a mans da policía española. O secretario xeral, Néstor Rego, cualificou de “imperiosa” a necesidade de Galiza decidir por si propia. A Unión do Povo Galego (UPG) rendeu, máis un ano, homenaxe ao camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, asasinado pola policía franquista o 12 [...]

III Xornadas de Formación Moncho Reboiras

Este ano cúmprense 41 anos do asasinato do noso camarada Xosé Ramón Reboiras Noia, polo que dende o Comité Nacional da UMG quixemos traer a colación a súa personalidade e o seu traballo.

Actos de homenaxe a Moncho Reboiras no 41 aniversario do seu asasinato

A Unión do Povo Galego (UPG) vai desenvolver os actos públicos de homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia o vindeiro 12 de agosto, sexta feira, baixo o programa que se anexa.

Reunión de traballo co Partido Comunista do Uruguay

O martes día 7 de xuño mantivemos en Vigo unha reunión de traballo co Secretario de Relacións Internacionais do Partido Comunista do Uruguay, Daniel Coira que realiza desde hai unhas semanas unha xira por distintos países de Europa co obxecto de manter contacto con distintos partidos e organizacións. Por parte da UPG asisteu á reunión [...]

Organizar o povo para conquistar a soberanía. XIV Congreso da UPG

A Unión do Povo Galego (UPG) vai realizar o seu XIV Congreso no próximo día 22 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra sob o lema ‘Organizando o povo, construíndo a soberanía da Galiza’. O Congreso será a oportunidade de actualizarmos as análises sobre o contexto político en que debe actuar o nacionalismo, co [...]

BOLETÍN INTERNACIONAL Nº 7

A Secretaría de Relacións Internacional publicou o seu boletín internacional número 7  no mes de marzo, número adicado, entre outros asuntos, á XV Asemblea Nacional do BNG. O Boletín Internacional da UPG edítase en portugués, inglés e español sendo distribuído entre os partidos e organizacións internacionais coas que a UPG mantén relacións e intercambios regulares [...]

A UPG ASINA A DECLARACIÓN DE SOLIDARIEDADE CO POBO VENEZOLANO

19 DE ABRIL DÍA DE ACCIÓN MUNDIAL DE SOLIDARIEDADE CON VENEZUELA Os Partidos Comunistas, Obreiros e Revolucionarios do mundo, manifestamos o noso contundente apoio, firme solidariedade e pleno respaldo ao POBO VENEZOLANO, ao Goberno do Presidente Constitucional Nicolás Maduro Moros, ao Partido Comunista de Venezuela, e ao Comité de Solidariedade Internacional (COSI) organización membro do [...]

SAÚDO ENVIADO AO PARTIDO COMUNISTA DE CUBA NO SEU VII CONGRESO

VII Congreso Partido Comunista de Cuba Santiago de Compostela; 15 de abril de 2016 Compañeiros e compañeiras: Queremos trasladar a todos os delegados e delegadas que participan no VII Congreso a solidariedade e o saúdo da dirección e da militancia da Unión do Pobo Galego. Somos conscientes da importancia que ten este congreso tanto para [...]